
TRIATLÓN MINI 2023
O día 27 de maio celébrase un ano máis o triatlón mini no mesmo día ca o "grande". É unha proba non competitiva na que participan rapaces e rapazas entre os 4 e os 10 anos acompañados dun adulto. Os requisitos esixidos son que poidan nadar 25 m ininterrumpidamente (deixamos utilizar elementos de flotación se fose necesario) e saber andar en bicicleta. Os adultos acompañan en todo momento. A hora non está confirmada, en principio será ás 12:30
PERCORRIDO:
- Natación: 25 m na Piscina Municipal
- Bicicleta: 700 m desde a piscina ata a igrexa
- Carrera: 300 m desde a igrexa ata o Concello
MATERIAL NECESARIO
Piscina: Bañador, gorro e chanclas que non resbalen
Bici: Casco e bicicleta
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: aquí na piscina, no tlfno. 986344420 ou no correo info@piscinamunicipaldoporrino.com
DESENVOLVEMENTO DA PROBA:
- Reunión no aparcamento da Piscina Municipal onde se informará do desenvolvemento da proba
- Entrada nos vestiarios
- Saída da primeira serie de natación. Os nenos saen desde dentro da auga, os adultos desde sentados no bordo inmediatamente despois dos nenos.
- Non hai toma de tempos, a proba é participativa, non hai competición. En ningunha das tres probas o adulto poderá ir diante do neno ao que acompañe.
- Unha vez que cada parella chegue ao final da piscina, sae e vaise ao vestiario para poner a roupa coa que fará o resto do triatlón.
- A proba de bicicleta non dará comezo ata que todos os participantes estean fose para comezar. Os cambios en vestiario faranse con rapidez, pero ESTÁ PROHIBIDO CORRER EN TODA A INSTALACIÓN.
- Ao chegar á igrexa, deixaranse as bicis nos boxes habilitados para iso. Cando todos os participantes estean listos, darase saída á carreira, que finalizará no Concello.